CRTVG

Buscar

Polémica en Lugo tras o suposto atranco dunha ambulancia polo equipo que pinta as rúas da cidade

Publicado o 19/10/2020 16:08

Polémica en Lugo porque supostamente unha ambulancia que transportaba un ferido grave quedou bloqueada cinco minutos nunha rúa porque non a deixaron pasar os operarios que pintaban un paso de peóns.

Finalmente, os técnicos da ambulancia decidiron seguir adiante, ante o que os operarios optaron por retirar os caldeiros que obstaculizaban o paso do vehículo.

O Concello de Lugo investiga o que puido acontecer. O Partido Popular esixe explicacións e algunhas fontes municipiais sinalan que a empresa encargada da pintura asegura que en ningún momento interrompeu o paso da ambulancia.

Noticias web

19/10/2020