CRTVG

Buscar

O Fabril queda sen título de campión por un gol mal anulado

Publicado o 14/05/2018 15:20

Esta xogada puido dinamitar o sorteo das fases de ascenso a Segunda A. Minuto oitenta e sete de partido. O dianteiro do Fabril Luismi cabecea e o balón semella traspasar de xeito total a liña de gol. Unha xogada que vai traer moita polémica e que á Federación lle quita un quebradeiro de cabeza, esa posibilidade de que o Fabril xogase a eliminatoria de campións. Foi un partido dramático. O Toledo xogábase a permanencia na categoría pero atopouse cun cadro coruñés moi serio e cun Francis na portería infranqueable.

Todas as opcións do Toledo foron evitadas por un porteiro que se o seleccionador nixeriano estaba pendente mesmo podería ser titular no vindeiro mundial de Rusia. Ninguén acabou contento porque o cadro coruñés, ademáis desa de Luismi, tamén tivo as súas oportunidades para lograr un triunfo que lle daría o título. Desolación final cos xogadores do Toledo, un dos proxectos máis caros a categoría, afundido na Terceira e cun Fabril tamén triste logo de acariñar o título.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/05/2018