CRTVG

Buscar

Polémica coa nova norma de tráfico do Concello de Ferrol que, entre outras medidas, prohibe correr e saltar na rúa

Publicado o 30/03/2021 15:41

Camiñando vai ser a única forma posible de desprazamento por algunhas rúas de Ferrol se sae adiante a nova norma municipal de tráfico que endurece as obrigas dos peóns.

Refírese á prohibición máis polémica que recolle a nova norma: nada de saltos nin carreiras na rúa.

Tamén se limita o uso das bicicletas, non poderán circular polas beirarrúas nin polas zonas peonís, a excepción dos menores de 12 anos que deberán ir cun adulto e sen superar os 5 quilómetros por hora.

Á hora de cruzar, só polos pasos autorizados, e se hai que agardar polo bus sempre dentro da marquesiña. Tampouco se poderán formar grupos de peóns na vía cando impidan a circulación do resto.

De momento a norma é só un borrador, que está a exposición pública para achegas, correccións e suxestións.

Noticias web

30/03/2021