'Pola cándida adolescencia' poderase visitar ata o 1 de agosto na Coruña
Publicado o 13/07/2021 16:51
Ata o 1 de agosto podemos visitar e viaxar 'Pola cándida adolescencia'.
Parece metafórico, pero na Coruña, no Palexco, cada unhas das 36 obras que o pintor coruñés Manuel Suárez recompila nesta mostra conta a historia dun ser que, ao longo da súa vida, coñece diferentes estados, pero que nunca deixa de atesourar "unha candidez inherente á persoa" que é, segundo o autor, "o que nos fai crer nos demais".