CRTVG

Buscar

Poio retrocede ao nivel medio de restricións polo aumentos de casos

Publicado o 23/06/2021 14:42

O incremento de contaxios nos últimos días volverá situar o concello pontevedrés de Poio no nivel medio de restricións a partir das cero horas deste sábado. Isto significa que a ocupación en bares e restaurantes será como máximo do 30 por cento no interior dos locais e do 50 por cento nas terrazas. Un paso atrás que foi recibido con preocupación polos hostaleiros locais ás portas da campaña estival.

Recoméndase tamén que as reunións en grupo non superen as seis persoas en espazos pechados e quince como máximo ao aire libre.

Segundo as autoridades, no concello de Poio hai actualmente 21 casos activos. O próximo martes o comité clínico volverase reunir para revisar a situación epidemiolóxica de Poio e o resto de concellos galegos.  

Noticias web

23/06/2021