CRTVG

Buscar

Poio e Burela xogarán a fase final da Copa de Fútbol Sala Feminino

Publicado o 08/02/2020 21:50

Poio Pescamar e Burela Pescados Rubén metéronse na final da Copa de fútbol sala feminino. Nos cuartos de final, disputados a partido único, o Poio derrotou a Roldán por 1-0. Resultou determinante o gol de Ana Rivera ao comezo do segundo tempo. Tampouco foi doado o pase do Burela Pescados Rubén que gañou na pista de Leganés por 1-2. Cilene marcou de penalti na primeira metade. A catro minutos para o final do encontro empataban as madrileñas, pero no 38 aparecía a brasileira Jane Marques para darlle o pase o seu equipo. 

Mostra da dureza dos cuartos de final é que un dos grandes favoritos para acadar o título, o Futsi Navalcarnero quedou eliminado ó perder na pista do Alcorcón de Vane Sotelo por 3-1.

Noticias web

08/02/2020