Poetas belgas recitan a Rosalía no Camiño
Poetas belgas recitan a Rosalía de Castro en Santiago, Padrón e Fisterra, tres puntos das rutas xacobeas.
Organizado pola Fundación Rosalía, os tres concellos e a Xunta de Galicia, un colectivo multicultural de poetas en Bruxelas coordinado polo galego Xavier Queipo participa desde hoxe ata o domingo en recitais multilingües, concertos e actos arredor da figura de Rosalía. A idea é promover a cultura galega a través dunha das súas figuras máis universais, ainda que tamén haberá homenaxes a escritores como Curros Enríquez ou Eduardo Pondal.
"O plan é que a través deste colectivo de oito poetas de Bruxelas, Galicia se coñeza no mundo a través de Rosalía e a través do Camiño de Santiago", dixo Anxo Angueira Viturro,
presidente da Fundación Rosalía de Castro
"Vai proxectar a nosa lingua e a nosa poetisa emblema da nosa cultura en Bélxica con todo o que supón como capitalidade europea", sinalou
Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística