CRTVG

Buscar

"Podo aprender, podo traballar", lema para concienciar sobre o trastorno do espectro autista

Publicado o 30/03/2021 21:10

Ten que haber un día de visibilización para que os 365 días do ano todos teñamos en conta as necesidades especiais das persoas con TEA. Un dos trastornos hasta hai ben pouco máis descoñecidos no eido das discapacidades e que precisa dun gran traballo de inclusión social.

Alberto Silva, responsable de Educación da FAG: "A inclusión non é da persoa con autismo, é de todas as persoas e esa persoa, non sei, e como un equipo de fútbol, se o porteiro é un ente alleo non vai facer nada".

Arredor de 27.000 persoas calculan dende a Federación de Autismo podrían padecer este trastorno en Galicia. Tanto no eido da educación como no laboral, ademáis de por suposto no familiar e persoal, necesitan novas actuacións, melloras e recursos. E máis nestos tempos de pandemia.

Lucía Campos, estudante con autismo: "O máis importante é loitar o día a día por estar a gusto, no noso contorno e conseguir saír adiante".

Mercedes Fernández, presidenta da FAG: "Pasamos por una etapa moi dura, sobre todo para estes rapaces, que tiveron que quedar sen as súas clases e apoios".

O vindeiro 2 de abril será o día reinvindicación desta condición autista e numerosos e emblemáticos monumentos de todo o mundo tinguiranse de azul na súa honra.

Noticias web

30/03/2021