CRTVG

Buscar

Podemos trunca o Goberno do PSOE na Rioxa

Publicado o 18/07/2019 15:31

A deputada de Podemos Raquel Romero mantivo o seu bloqueo e truncou, co seu voto en contra, a investidura en segunda votación da candidata socialista á presidencia do Goberno rioxano, Concha Andreu, que non logrou a maioría simple do Parlamento rexional. Andreu contou con 16 votos a favor -15 do PSOE e un da deputada de Unidas Podemos por IU, Henar Moreno- e 17 en contra -12 do PP, 4 de Ciudadanos e o de Romero-.

Romero, o pasado día 16, tamén bloqueou que Andreu fora investida nunha primeira votación, en que necesitaba a maioría absoluta; e as reunións mantidas durante as últimas horas entre PSOE e UP non frutificaron, dado que os socialistas non aceptan a petición da coalición de formar parte do Consello de Goberno.

Agora ábrese un prazo de dous meses para que a candidata busque a confianza do Parlamento rioxano para unha nova votación e, se non o consegue, a Cámara disolverase automaticamente e convocaranse novas eleccións autonómicas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/07/2019