CRTVG

Buscar

Podemos descartar facilitar un Goberno de Ciudadanos para evitar a Vox

Publicado o 05/12/2018 17:40

Partido Popular e Ciudadanos discrepan sobre quen debe liderar o cambio de goberno en Andalucía.
O candidato do PP, Juanma Moreno, non ve sensato que Ciudadanos queira liderar ese cambio cando tivo cinco escanos menos, e di que non é o momento de falar de sillóns. Mentres, Ciudadanos pon como bases para o acordo que haxa un goberno de cambio, liderado por Juan Marín e cun pacto negociado entre eles e os populares.

Podemos en Andalucía non vai entrar nas negociacións de investidura porque os seus votos non son concluíntes. A líder da formación Teresa Rodríguez descarta facilitar un goberno presidido por Ciudadanos. 

Pola súa parte, Susana Díaz descarta dimitir. Di que seguirá como deputada se non consegue formar goberno. Responde así ao número dous do partido a nivel nacional, a Ábalos, que pedía renovación no PSOE andaluz. Díaz asegura que fai autocrítica pero cre que é todo o partido o que ten que reflexionar sobre os resultados destas eleccións.  

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/12/2018