CRTVG

Buscar

Pódese sulfatar malia o estado de alarma

Publicado o 27/03/2020 16:31

Comeza a loita contra os fungos nos viñedos das Rías Baixas. 

A brotación nas viñas adiantouse polo inverno cálido, e o fungo do mildio prepara o seu ataque.

De a un, os cooperativistas de Martín Códax recollen na agrotenda os fitosanitarios que encargaron por teléfono.

Poderán sulfatar con normalidade malia o estado de alarma, sempre que vaian protexidos e acrediten que son viticultores.

E mentres eles loitan contra os fungos, bótanlles unha man aos que pelexan contra o coronavirus, cedendo sulfatadoras e equipos de protección para os concellos da contorna.

Noticias web

27/03/2020