CRTVG

Buscar

Poderemos ter listos os pementos de Padrón con menos dun minuto de microondas

Publicado o 24/01/2018 21:21

Abrir o paquete, metelo no microondas, agardar 30 segundos e botarlle sal. Así de sinxelo vai ser comer os pementos de Padrón grazas a unha empresa viguesa que os vai comercializar proximamente. Os pementos xa están prefritidos e envasados. Polo de agora non están comercializados posto que a campaña dos pementos de Padrón non comeza ata o mes de abril.

Trátase dun produto moi demandado e que á hora de facelos na casa manchan moito na cociña. Falamos dos pementos de Padrón e agora, grazas a unha empresa viguesa, poderemos metelos no microondas e xa están listo para comer. A idea xurdíu nunha reunión de traballo e contaron coa colaboración de Anfaco para o seu desenvolvemento.

Aínda non está no mercado porque a campaña dos pementos de Padrón comeza no mes de abril pero pronto estarán nos supermercados. Os envases son duns 150 gramos e o que se pretende é facilitar o consumo deste vexetal na casa. Algúns deste pementos tamén pican e outros non.

Esta empresa viguesa sacou tamén ao mercado uns untables vexetais, sen conservantes e aditivos, que están a ter moi boa acollida entre os mozos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/01/2018