CRTVG

Buscar

Poden contaxiar os asintomáticos de coronavirus?

Publicado o 10/06/2020 15:08

Levamos meses crendo que os positivos asintomáticos son un foco de contaxio. Pero cal é o risco real?

A Organización Mundial da Saúde minimiza o seu papel na dispersión do virus.

Di a OMS que a carga viral que presentan as persoas sen síntomas é menor e que contaxiarse polo contacto cun asintomático é raro.

Non están de acordo con esta afirmación todos os científicos e epidemiólogos. A epidemióloga María Sande afirma que "está claro que unha persoa pode transmitir desde un par de días antes de padecer a enfermidade". 

Os expertos piden que se siga investigando o que chaman transmisión silenciosa das persoas sen síntomas. Para o epidemiólogo Daniel López Acuña ser "asintomático positivo significa que un está infectado e pode transmitir sen presentar ningún síntoma". 

Segundo a OMS, os asintomáticos representan só o 6% do total dos casos.

Noticias web

10/06/2020