É posible viaxar ao estranxeiro pero non moverse dunha comunidade autónoma a outra
É unha solución cara, pero é unha opción. Depende do que esteamos dispostos a gastar. Porque cunha PCR negativa podemos viaxar de Madrid a París. E dende alí voar a Santiago. Á chegada tamén nos pedirán unha proba con resultado negativo. A viaxe sae por un ollo da cara, pero estamos en Santiago para pasar a Semana Santa.
No aeroporto de Madrid, uns viaxeros consideran unha inxustiza que se poida viaxar dende o estranxeiro e non entre comunidades autónomas. Outros din que así se permite reactivar o turismo. A unha rapaza que viaxa a África parecenlle surrrealistas as restrición de mobilidade.
Goberno e comunidades autónomas limitan a mobilidade en España. E no ámbito europeo imponse o espazo Schengen. A ministra de Sanidade Carolina Darias asegura que calquera cidadán español pode viaxar a calquera cidade europea sen ningunha restrición.
En calquera caso, pídennos que evitemos viaxar. Aínda que o podemos facer ao estranxeiro sempre e cando non crucemos outra comunidade autónoma para acceder ao aeroporto.