CRTVG

Buscar

Podemos negocia para ter tres ministros e unha das tres vicepresidencias

Publicado o 13/11/2019 20:18

Á marxe do decálogo de intencións que figura no preacordo asinado este martes, non se sabe nada de como vai ser o futuro executivo PSOE-Unidas Podemos. Dáse por feito que Pablo Iglesias ostentará unha vicepresidencia que algunhas fontes apelidan como de Asuntos Sociais.

Pedro Sánchez quere manter o seu anunciado compromiso de que Nadia Calviño ocupe unha vicepresidencia económica e, segundo fontes do PSOE, tamén repetirá Carmen Calvo como vicepresidenta de Igualdade.

A formación morada tería, ademais, tres ministerios: as quinielas apuntan a Irene Montero, Alberto Garzón, Juantxo López de Uralde e á ferrolá Yolanda Díaz, aínda que algún medio tamén aventura outro nome galego, o do ex-xefe do Exército con Zapatero, Julio Rodríguez.

A intención das partes é dalo a coñecer despois da investidura, que, en todo caso, terá que agardar á constitución das Cortes o 3 de decembro.

O PSOE someterá o preacordo con Podemos á consulta das súas bases o vindeiro día 23. Tamén Unidas Podemos lles volverá preguntar aos seus, a pesar de que o 70% xa apoiou a coalición co PSOE en xullo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019