CRTVG

Buscar

Podemos reúne o Consello Cidadán para afrontar unha das súas crises máis graves

Publicado o 30/01/2019 08:24

Reunión decisiva para o futuro de Podemos. Debe afrontar a crise aberta pola alianza de Errejón con Carmena e agravada coa dimisión do secretario xeral de Madrid. A esta hora é unha incógnita se Pablo Iglesias e o propio Íñigo Errejón participarán na xuntanza.

Podemos reúne de urxencia o seu Consello Cidadán Estatal este mércores para afrontar unha das crises máis graves nos seus cinco anos de existencia.

Deben decidir que facer ante a decisión de Errejón de presentarse ás autonómicas na lista de Más Madrid despois de ser elixido polas bases de Podemos para ser candidato da formación morada. A dirección situou a Errejón fóra do partido pero non o expulsou. Segue formando parte do Consello Cidadán e non se sabe se acudirá á xuntanza.

Ione Belarra, voceira adxunta de Unidos Podemos no Congreso: "Ir ao máximo órgano de dirección cando decidiches ir ás eleccións con outro partido político creo que non é moi coherente".

Tamén se ignora se Pablo Iglesias interromperá a súa baixa paternal. Non se descarta que participe no Consello Cidadán Estatal, aínda que sexa por teléfono.

Ione Belarra, voceira adxunta de Unidos Podemos no Congreso: "Non teño información ao respecto. Pero é que a baixa de Pablo hai que respectala".

A dirección fai súa a chamada á conciliacion que lle pediron os líderes autonómicos de Podemos. Di será unha reunión para escoitar e lanzar unha mensaxe de unidade a todos os territorios e a militancia.

Noticias web

30/01/2019