CRTVG

Buscar

Podemos rectifica e apoiará no Congreso investigar a Felipe González polos GAL

Publicado o 19/06/2020 22:23
Podemos rectifica e apoiará no Congreso investigar a Felipe González polos GAL

O portavoz de Unidas Podemos no Congreso, Pablo Echenique, anunciou este venres que o seu grupo vai votar finalmente a favor da proposta de Bildu, PNV e outros partidos nacionalistas e independentistas para crear no Congreso unha comisión de investigación sobre os GAL e o papel do ex-presidente do Goberno o socialista Felipe González, despois de que el mesmo dese a entender que non apoiarían a iniciativa porque "todo o mundo sabe o que pasou".

Iso si, Echenique quixo deixar claro que consideran que esta iniciativa dos nacionalistas, a unha semana de que dea comezo a campaña para os comicios vascos, responde a un interese electoralista. Tamén reafirmou que seguen pensando que a información desvelada tras a desclasificación de documentos da axencia de intelixencia estadounidense (CIA) que motivou esta petición "non achega absolutamente nada novo que non se soubese xa".

Noticias web

19/06/2020