CRTVG

Buscar

Podemos recorre a investigación por suposto financiamento ilegal

Publicado o 12/08/2020 13:25

Podemos presentou un recurso para intentar anular a causa que os investiga por presunto financiamento ilegal. Din que non ten fundamento.

O xuíz imputou a formación como persoa xurídica e varios membros da cúpula por presunta malversación e administración desleal. As citas xudiciais comezarán en setembro coa declaración das testemuñas e en novembro os investigados: xerente, tesoureiro e o secretario de Comunicación de Podemos.

Nos autos, aos que accederon varios medios, o xuíz pide ademais que se identifiquen os pagos á consultora Neurona e chama a declarar o seu administrador, tamén como imputado.

Todo, polas declaracións do ex-avogado da formación, José Manuel Calvente, que denunciou que se fixeron contratos ficticios con esa sociedade para desviar diñeiro. 

En Podemos din que as acusacións non se sosteñen, que non hai indicio ningún, e apunta ao uso político da causa para botar a Podemos do Goberno.

Vox preséntase na causa como acusación particular. E o PP pide a dimisión de Iglesias ou que Sánchez o cese. Destacan que Podemos si pedía dimisións cando imputaron o Partido Popular.

Noticias web

12/08/2020