CRTVG

Buscar

Podemos pídelle a Sánchez que reabra as negociacións de investidura

Publicado o 16/07/2019 15:01

Sánchez non tira a toalla de cara á investidura e ten prevista unha nova rolda de contactos cos líderes políticos, en principio telefónica. Está por ver se chama tamén a Iglesias despois de responsabilizalo de romper as negociacións cunha consulta ás bases que non recolle, din, a súa oferta de incorporar ao goberno membros de Podemos sen perfil político. E piden algún xesto para retomar o diálogo como que retiren a consulta ás bases, algo que descartan en Podemos.

Outra peza fundamental para a investidura, o PNV, confirma que non votarán en contra de Sánchez, pero aínda así cren que non superará as diferenzas con Podemos e haberá eleccións.

O voceiro de Esquerra non quere adiantar a súa posición ata despois da reunión que manterá con Lastra esta tarde, e dende o PSOE avanzan que non lles ofrecerán nada a cambio da abstención para non depender das forzas independentistas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/07/2019