CRTVG

Buscar

Podemos pide "pasar páxina" ante a crise xerada pola "ambición persoal" de Errejón

Publicado o 19/01/2019 15:08

Primeiro encontro do Comité de Campaña de Podemos cos seus candidatos e líderes autonómicos para marcar estratexias con vistas as eleccións de maio... cunha ausencia destacada, a de Íñigo Errejón.

O secretario de Organización, Pablo Echenique, recoñecía esta mañá que Podemos pasou "momentos duros" tras a decisión de Errejón de concorrer ás eleccións autonómicas coa formación "Más Madrid", pero tamén pediu "pasar páxina".

O dirixente de Podemos asegurou, ademais, que non hai ningunha negociación aberta coa formación de Carmena para concorreren xuntos ás eleccións.

Desde a dirección do partido din que non cren que este episodio vaia ter un custo electoral para Podemos. E mentres, o sector anticapitalista da formación convocou unha asemblea para reflexionar, din, sobre "crise que atravesa a esquerda" tras a decisión de Errejón.
 

Noticias web

19/01/2019