CRTVG

Buscar

Podemos oponse ao recoñecemento e o PP cre que a resposta chega tarde

Publicado o 04/02/2019 14:48

Podemos oponse ao recoñecemento de Guaidó como presidente de Venezuela. Iso si, aseguran que isto non afectará as negociacións que manteñen co PSOE para sacar adiante os presupostos xerais do estado.

Pablo Echenique, secretario de Organización de Podemos: "Nin a posición de España nin a da Unión Europea debería ser a que é, apoiar unha manobra de Donald Trump e do Goberno dos Estados Unidos para facerse coas principais reservas de petróleo do país, abrindo as portas a que poida haber unha confrontación armada nun país irmán como é Venezuela".

O Partido Popular cre que a resposta do Goberno chega tarde e mal, porque non despexa as dúbidas sobre os pasos que se van dar a partir de agora. Tamén acusan a Pedro Sánchez de desleal, por non contar co PP para fixar a posición de España sobre Venezuela.


 

Noticias web

04/02/2019