CRTVG

Buscar

Podemos ofrece apoiar por escrito a postura do Goberno en Cataluña

Publicado o 08/07/2019 09:23
Podemos ofrece apoiar por escrito a postura do Goberno en Cataluña

Pedro Sánchez reúne hoxe a executiva do PSOE. Fixarán a estratexia de cara á nova rolda de contactos para a investidura que comeza mañá co secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, e o presidente do PP, Pablo Casado. Iglesias ten previsto ofrecerlle a Sánchez apoiar por escrito a postura do goberno sobre Cataluña, segundo avanzan varios xornais. Agardan que ese punto sirva para avanzar no goberno de coalicion, xa que as diferenzas territoriais son un dos argumentos que esgrime o PSOE para non compartir executivo.

A día de hoxe, segundo unha enquisa que publica La Razón, a maioría dos españois rexeita outras eleccións.

Un 60 por cento dos enquisados cre xustificada a demanda de Pablo Iglesias de entrar a formar parte do Goberno. E o 74 por cento dos votantes de Ciudadanos rexeitarían a estratexia do seu líder e piden que se absteña.  A enquisa tamén preguntou quen sería o culpable se finalmente hai que volver ás urnas. A resposta maioritaria foi que o responsable sería Pedro Sánchez, seguido de Albert Rivera.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/07/2019