CRTVG

Buscar

Podemos non apoia o decreto de vivenda do Goberno e tomba a lei

Publicado o 22/01/2019 13:13

Primeiro pleno do ano no Congreso para convalidar oito decretos do Goberno. E non conseguirá sacalos todos. As votacións son pola tarde, pero a esta hora está confirmado que cae o decreto de vivenda, que incluía ampliar a cinco anos os contratos de alugueiro. O Goberno intentou convencer a Podemos ata última hora.

José Luis Ábalos, ministro de Fomento: "O xiro na política de vivenda que está realizando este Goberno tan só empeza neste Real Decreto Lei"

Pero para Unidos Podemos a norma é insuficiente porque non recolle o límite ao prezo dos alugueiros, que pactaran Sánchez e Iglesias.

 Lucía Martín, Unidos Podemos: "O noso voto non busca humillalos, non busca facerlles dano e moito menos pretendemos desfacer a maioría de progreso que se formou na moción de censura. Sexan valentes e póñanse do lado da xente"

O PSOE quédase con que o acordo presupostario segue en vigor.

Adriana Lastra, voceira do PSOE no Congreso: "O que está en perigo é este decreto non os presupostos, son dúas cousas completamente distintas. Nos Presupostos Xerais do Estado nós temos un acordo asinado con Podemos"

Só apoian o decreto de vivenda o PNV, o PDeCAT, Compromís e Coalición Canaria, polo que a lei deixará de estar en vigor.
 

Noticias web

22/01/2019