CRTVG

Buscar

Podemos non acode á reunión convocada por IU para traballar nunha candidatura conxunta

Publicado o 04/02/2019 13:59

Podemos non participou na reunión convocada por Izquierda Unida para intentar consensuar unha lista conxunta de cara ás eleccións á Comunidade de Madrid do vindeiro mes de maio. Tras a crise aberta pola integración de Errejón na plataforma de Manuela Carmena, Podemos mantén que non negociará con ninguén ata ter preparada a súa candidatura.

Di Noelia Vera que están centrados en facer un programa participativo e un proceso aberto en que todo o mundo poida participar de abaixo arriba. Asegura que unha vez que iso pase, seguirán a súa folla de ruta, que é negociar con Izquierda Unida, Equo e Más Madrid.

Equo e Más Madrid, a plataforma de Manuela Carmena e Errejón, si que participaron na xuntanza, pero o primeiro intento para que a esquerda non se presente dividida ás eleccións non tivo éxito.

Noticias web

04/02/2019