CRTVG

Buscar

Podemos leva o referendo sobre Cataluña no seu programa electoral

Publicado o 29/03/2019 20:11

Podemos volve incluír no seu programa electoral a celebración dun referendo en Cataluña para resolver o conflito político. Pero Pablo Iglesias matiza.

"Sobre a independencia, non. Un referendo en que todas as opcións sexan posibles. E non teñen porque ser soamente dúas. Nós imos defender que Cataluña siga dentro de España, quizais cun encaixe constitucional diferente", dixo Iglesias.

Desde o Goberno socialista aseguran que (hai liñas que non van cruzar ainda que precisaran o apoio dos independentistas na investidura.

"Iso é unha liña vermella para este goberno e polo tanto non contemplamos nada que teña que ver con iso en relación á investidura", afirmou Isabel Celaá.

Ao Partido Popular non lle sorprende a proposta de Podemos pero si que Sánchez siga contando con Iglesias como socio. E Ciudadanos lamenta que un hipotético referendo catalán poida seguir paralizando o país.

"Se o futuro goberno de España pasa por falar outra vez de referendo de independencia como plantexaba onte o PSOE este partido vai quedar parado, empantanado e poralizado", afirmou Albert Rivera.

"Hoxe coñecemos que o Pablo Iglesias inclúe no seu programa electoral a independencia de Cataluña. Non é nada que nos sorprenda porque é algo que ven reclamando hai moito tempo. O que nos sorprende é que Pedro Sánchez teña a Pablo Iglesias como o seu futuro socio e que nin sequera se negue a telo no seu goberno", dixo o presidente dos populares.

Casado di que o seu partido é a única alternativa para frear a folla de ruta para a secesión de Cataluña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/03/2019