Podemos inicia a consulta ás bases en medio de negociacións que non avanzan
Podemos comeza hoxe a consulta ás bases sobre a súa posición na investidura. As negociacións non avanzan. Iglesias rexeita a última oferta que trascendeu do PSOE, a posibilidade de incorporar ministros de Podemos pero cun perfil técnico non político, o que excluiría a toda a dirección do partido.
O PSOE traslada agora a mensaxe de que Sánchez está disposto a valorar todos os escenarios, e iso podería incluir a ministros de Podemos cun perfil tecnico. Aínda que advirten: os nomes non son o importante.
Iglesias insiste quere negociar tamén os cargos e non aceptará vetos.
Hoxe comezan a consulta aos seus inscritos sobre a posición que deban adoptar na investidura: apoiar a Sánchez só co goberno de coalición ou apoialo igualmente aínda que teime no goberno en solitario. Despois do resultado queda unha marxe de tres días para a investidura.
A primeira voz discordante coa consulta desde as filas moradas chegou dende Andalucía. Teresa Rodríguez, coordinadora de Podemos nesa comunidade, anunciaba a través das redes sociais que non votaría, criticando o fondo e forma da votación.
No voy a votar en la consulta sobre el pacto de gobierno con el PSOE (Abro hilo)
— Teresa Rodríguez (@TeresaRodr_) 12 de xullo de 2019
1. Por la forma:
Las opciones son abiertamente tendenciosas. La pregunta debería ser: pacto de gobierno con el PSOE sí, no o abstención, y dar los detalles del pacto que se somete a consulta. pic.twitter.com/YDjdgxn2jA