CRTVG

Buscar

Podemos Galicia quere que Anova e as mareas se integren en Galicia en Común

Publicado o 16/02/2020 14:38

As formacións da esquerda rupturista apuran os prazos para chegar a posibles coalicións para os comicios autonómicos.

A dirección de Anova traballa para unha confluencia de unidade popular xunto ás mareas municipalistas. Considera que Podemos non está nese camiño, pero Anova insiste en que a porta segue aberta.

O líder de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, nunha entrevista na RG, advertiu da fragmentación do espazo rupturista. Asegurou que as conversas con Anova "están activas", pero cre que o entendemento debe ter como punto de partida a marca Galicia en Común, integrada por Podemos e Esquerda Unida.

"Non teño dúbidas de que estariamos cómodos e cómodas todos e todas en sumar eses nomes ou esas nomenclaturas para facer unha proposta realmente plural, pero Galicia en Común creo que nas eleccións de novembro coma nas anteriores foi a terceira forza política no país. Alterar iso nunha campaña tan curta sería un pouco irresponsable".

Pola súa banda, En Marea traballa na procura dunha coalición de forzas soberanistas e municipalistas da que exclúe a Podemos.

Luís Villares pide antepoñer as necesidades dos cidadáns aos intereses partidistas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/02/2020