CRTVG

Buscar

Podemos Galicia di que "non hai garantía de integridade" nos resultados das primarias

Publicado o 08/01/2019 15:03

Podemos Galicia acaba de publicar o resultado da auditoría que encargaron sobre as eleccions internas de En Marea do 22 e 23 de decembro. O perito conclúe que a plataforma de votacións "mostra graves deficiencias que posibilitan a calquera usuario acceder a datos persoais dos resto de inscritos" e, polo tanto, di que o proceso non se realizou coa seguridade axeitada. Tamén denuncia falta de garantías de que os votos se tratasen con dilixencia suficiente para garantir a súa integridade.

Engade que estes problemas se poderían corrixir cunha auditoría previa. Por todo isto, Podemos Galicia rexeita os resultados das eleccións que lle deron a vitoria á candidatura Coidando a casa, encabezada por Luís Villares. Tamén explican que con estes datos na man tomarán unha decisión sobre a súa continuidade dentro de En Marea, que comunicarán previamente aos seus inscritos.

Noticias web

08/01/2019