CRTVG

Buscar

Podemos Galicia decide se segue en En Marea despois de analizar as primarias

Publicado o 08/01/2019 08:24

A dirección de Podemos Galicia anuncia hoxe os pasos que van seguir despois de analizar a auditoría interna sobre as primarias de En Marea. Segundo fontes do partido, a auditoría evidencia que a plataforma de voto presentaba deficiencias de seguridade e que a dirección de En Marea puido infrinxir a Lei de protección de datos. Hoxe presentarán publicamente os resultados e anunciarán se continúan ou non dentro do proxecto de En Marea, cuestionado por parte das súas bases e directivos.


 

Noticias web

08/01/2019