CRTVG

Buscar

Podemos frustra a investidura da socialista Concha Andreu na Rioxa

Publicado o 19/07/2019 08:38

Na Rioxa, Podemos frustrou a investidura da candidata socialista, Concha Andreu. O pleno foi un dispendio de reproches mutuos. Os socialistas acusaron a deputada de Podemos de negociar de xeito infantil, esixindo unhas cotas de poder que non lle corresponden. Raquel Romero, a única representante da formación morada, acusou o PSOE rioxano de ser unha sucursal de Ferraz. O  seu voto negativo tombou, entre apupos, a investidura da socialista Concha Andreu.

O PSOE ofreceu á única deputada de Podemos dúas viceconsellerías, de Igualdade e Reto Demográfico, e unha dirección xeral, pero non conseguiu o seu apoio.

A actitude e a posición de Raquel Romero foi duramente criticada pola súa compañeira na candidatura, a deputada de Izquierda Unida Henar Moreno, que votou SI á candidata do PSOE e lle pide á dirección estatal de Podemos que tome medidas.

As bases de Podemos na Rioxa xa enviaron un escrito á dirección queixándose de que a súa única representante no Parlamento rioxano crebou a vontade da militancia, que é, din, desaloxar a dereita despois de 24 anos no poder. Ao tema referiuse tamén onte o secretario de Organización do PSOE. José Luis Abalos dixo que "é moi difícil investirse da lexitimidade necesaria para tantar ambicións".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/07/2019