CRTVG

Buscar

Podemos Euskadi ábrese a outras fórmulas que non sexan a coalición de goberno

Publicado o 28/08/2019 20:09

Pedro Sánchez segue sen responder cando vai chamar a Podemos para negociar a investidura. De momento segue a rolda de contactos con colectivos sociais para elaborar a proposta programática coa que negociar. Pero a vicepresidenta en funcións mesmo deixa no aire a rolda de contactos prevista para a próxima semana

"Reunirase, se hai lugar, cun programa fortalecido, ampliado e mellorado co resto de grupos, se hai lugar. Pero o presidente non ten agora mesmo ningún encargo. Se non hai candidato a todos lles compete traballar", asegurou Calvo.

Unidas Podemos saíu ao paso das declaracións do responsable da formación en Euskadi. Lander Martínez dixo que a prioridade debe ser evitar novas eleccións aínda que iso supoña apoiar unha fórmula de investidura diferente á da coalición de goberno.

"Todos imos a unha. Calquera decisión que se tome no grupo confederal vai estar guiada por este principio: a unidade de acción", replicou Yolanda Díaz.

Unidas Podemos critica a estratexia de Sánchez. Pídenlle que deixe de perder o tempo e insisten en querer formar parte do seu goberno.

Noticias web

28/08/2019