CRTVG

Buscar

Podemos, Esquerda Unida e Equo reeditan en Galicia a alianza estatal

Publicado o 18/03/2019 15:08

Podemos, Esquerda Unida e Equo reeditan en Galicia a alianza que teñen a nivel estatal. Presentaranse baixo a marca de En Común-Unidas Podemos, e xa coñecemos algúns nomes das listas: Antón Gómez-Reino será o número un pola provincia da Coruña, Yolanda Díaz encabezará a de Pontevedra e Ledicia Piñeiro, a de Ourense. Desta alianza descolgouse Anova, o partido fundado por Beiras, pero dende Podemos aseguran que están contentos coa foto final.

Dende En Marea defenden que a súa é a lista da unidade onde teñen cabida todas as sensibilidades. Tanto as mareas municipalistas como Anova optan por manterse á marxe nas xerais e aseguran que non farán campaña nin por unha nin por outra candidatura.

Noticias web

18/03/2019