CRTVG

Buscar

Podemos elixirá o 13 de xuño a remuda de Pablo Iglesias

Publicado o 07/05/2021 15:07

Podemos convoca para o 13 de xuño a asemblea que decidirá a remuda de Pablo Iglesias. O partido activou un proceso expreso que transcorrerá nos próximos dous meses e rematará coa celebración de Vistalegre IV, que elixirá o novo líder da formación.

A ministra de Dereitos Sociais, Ione Belarra, é a única que presentou, polo momento, a súa candidatura. A formación morada aposta así por un sistema de bicefalia, xa que o liderado de Unidas Podemos no Goberno lle corresponde a Yolanda Díaz.