Podemos e PSOE retoman as negociacións para formar goberno na Rioxa
Publicado o 19/08/2019 09:25
E na Rioxa, retomaranse hoxe as negociacións entre o Partido Socialista e Podemos para explorar o apoio da formación morada á investidura da socialista Concha Andreu como presidenta do Goberno. Podemos impediu a súa investidura no mes pasado de xullo ao non deixarlle formar parte do Consello de Goberno. Agora aspiran a que a Rioxa deixe de ser a única autonomía cun goberno en funcións dende as eleccións de maio.