CRTVG

Buscar

Podemos di que hai tempo para negociar e reafirma a súa vontade de pacto

Publicado o 26/07/2019 13:32
Podemos di que hai tempo para negociar e reafirma a súa vontade de pacto

A Secretaría de Organización de Podemos, que dirixe Alberto Rodríguez, difundiu este venres unha mensaxe a través da súa canle de Telegram en que asegura que "hai tempo por diante" para negociar co PSOE o goberno de coalición e reafirma a "vontade de acordo" do partido de Pablo Iglesias.

"Estamos a tempo", sinala o escrito, en que Podemos mantén a "man tendida" ao secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, para intentar de novo alcanzar un pacto en torno arredor dun goberno de coalición, despois da súa investidura frustrada.

A Secretaría de Organización destaca que "ata o 23 de setembro hai tempo e vontade de acordo", porque teñen o "obxectivo claro" e, ademais, saben que "é urxente" chegar a un pacto porque "moita xente non chega a fin de mes e non pode esperar máis".

Advirte, non obstante, de que non poden aceptar carteiras sen capacidade executiva, o que precisa, "non ten que ver con intereses do partido, senón cos intereses da clase traballadora". 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí