CRTVG

Buscar

Podemos cre que Errejón será o socio preferente de Sánchez

Publicado o 23/09/2019 14:54

Íñigo Errejón ten decidido encabezar a candidatura de Más Madrid para as próximas eleccións xerais se ese é o acordo que se adopta na asemblea do próximo mércores, segundo confirmaron fontes do partido.

A volta de Errejón á política estatal pon o foco no seu partido anterior, Podemos. Definen a súa candidatura como previsible e lexítima e asumen que será o socio prioritario de Sánchez porque o vai apoiar, cren, a cambio de nada.

No PSOE di que non temen a Más Madrid. Ven as mensaxes de Errejón como esperanzadoras para futuros acordos e cren que é en Podemos onde deberían estar preocupados.

Un dos máis críticos coa volta de Errejón foi o cofundador de Podemos Juan Carlos Monedero, que acusa de dividir. Di que xa perderon a alcaldía e a comunidade de Madrid e agora segue.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/09/2019