CRTVG

Buscar

Unidas Podemos e PSOE acúsanse mutuamente de tacticismo, a case 40 días de novas eleccións

Publicado o 13/08/2019 09:18

O último minuto ao que o número 3 de PSOE fiou este domingo o acordo para a investidura reaviva o malestar en Podemos.

Pablo Echenique, secretario de Acción de Goberno de Podemos, dixo que "nos parece unha actitude pouco responsable levar unha negociación ao pitido final. Supoño que responderá a algún tipo de táctica por parte do Partido Socialista"

Responde o PSOE que tras botar a perder o primeiro intento de investituda, Podemos non está agora en condicións de estipular os requisitos do segundo. E devolven a acusación.

María Jesús Montero, ministra de Facenda en funcións, responde que "probablemente o tacticismo que hoxe tanto comentou o señor Echenique foi o que os levou a non aceptar unha proposta da que probablemente non é que se arrepintan pero si que deixaron pasar unha oportunidade importante para este país"

Cruce de reproches que Pedro Sánchez segue desde Doñana. A oposición critica que tome vacacións cun goberno por facer.

César Zafra, secretario de Organización de Ciudadanos Madrid, dixo que "vimos como o señor Sánchez marchou de vacacións, deixou o goberno empantanado e deixou todo para última hora como os malos estudantes"

Pablo Montesinos, vicesecretario de Comunicación do PP, pídelle "que se mova, que se poña a traballar. España require de reformas inmediatas e non merece un goberno en funcións. Se é incapaz, que lle ceda o testemuño a outro candidato do Partido Socialista que poida pactar cos seus aliados naturais"

Por se acaso, o Instituto Nacional de Estatística xa ordenou ás oficinas provinciais do censo que preparen a maquinaria electoral ante unha ppible repetición electoral.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2019