CRTVG

Buscar

Podemos apártase das negociacións para a investidura de Sánchez

Publicado o 18/11/2019 15:01

• ERC reitera que votará "non"

O PSOE chama á responsabilidade de todos os partidos para facilitar a gobernabilidade, pero lánzalles unha mensaxe concreta aos independentistas. Carmen Calvo, PSOE, "Toca que todos poñamos por diante a España e por detrás os nosos intereses. E cando digo todos inclúo tamén os independentistas que se presentaron ás eleccións xerais e que teñen escanos no Congreso dos Deputados"

Pero, polo momento, non hai movementos no soberanismo para facilitar a investidura. Esquerra Republicana reafírmase no non, e fixa as súas esixencias para cambiar de postura. Marta Vilalta, ERC: "Unha mesa de negociación entre iguais, que non haxa condicións, en que se poida falar de todo"

Tal e como van as negociacións, nin Ciudadanos nin o PP ven opción algunha de facilitar a investidura de Sánchez. Juan Carlos Girauta, Ciudadanos: "O ideal sería que Sánchez rectificara, que xirara cara ao constitucionalismo, e aí veriamos que opcións hai"

Cuca Gamarra, PP, "queremos saber os termos en que está chegando Pedro Sánchez a acordos cos comunistas, os acordos aos que está chegando cos independentistas".

Acordos que dependerán directamente do PSOE. Unidas Podemos apártase das negociacións e di que aceptará o que pacten os socialistas co resto de forzas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/11/2019