CRTVG

Buscar

Podemos, Anova e Esquerda Unida ultiman unha candidatura propia para as eleccións xerais

Publicado o 12/03/2019 19:37

Os dous sectores de En Marea manteñen a súa folla de ruta e, se seguen así, presentaranse por separado ás xerais. Os afíns a Luís Villares quedan coa marca do partido e xa ratificaron en primarias os seus candidatos.

Pola súa banda, Podemos, Esquerda Unida e Anova intensifican as negociacións porque este venres remata o prazo para formalizar as coalicións electorais. Aínda non confirmaron o nome, pero soa con forza Galicia en común. As conversas céntranse tamén no repartimento dos postos de saída por cada provincia. Os chamamentos á unidade non surtiron efecto. 

Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña: "Se esa unidade non se consegue, a Marea Atlántica dará liberdade aos seus militantes para que adopten a postura que estimen procedente nas xerais e Marea Atlántica, nese caso, absteríase de participar activamente na campaña".

Compostela Aberta adoptou esta mesma postura.

Montero recoñece erros na xestión dos problemas internos

A voceira de Unidos Podemos no Congreso, Irene Montero, asegura que os cidadáns están desencantados coa política en xeral e tamén co seu partido. Recoñece graves erros na xestión dos problemas internos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/03/2019