CRTVG

Buscar

Podemos analiza mañá os seus resultados no Consello en que substituirán a Echenique

Publicado o 07/06/2019 19:37

A reunión do grupo confederal no Congreso permitiu ver a cúpula de Podemos por primeira vez dende a súa reestruturación. Iglesias, Montero e Echenique compartiron mesa para analizar as negociacións de goberno, que previsiblemente vai encabezar o ata agora número tres do partido.

Echenique di que a decisión de cesar na secretaría de Organización foi consensuada coa dirección, e mañá deberá ser ratificada polo máximo órgano de decisión de Podemos.

Podemos Andalucía, unha das federacións máis críticas coa dirección, xa adiantou que non vai pedir un Vistalegre III, pero si un debate sobre o futuro do partido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/06/2019