CRTVG

Buscar

Podemos abre a porta a romper con En Marea tras as irregularidades nas primarias

Publicado o 09/01/2019 08:35

A auditoría sobre as primarias de En Marea que encargou Podemos detectou graves deficiencias no proceso. Conclúe que as irregulariedades impiden garantir o tratamento dos votos emitidos. Podemos Galicia rexeita os resultados. Fala de ausencia total de transparencia e garantías democráticas. Responsabiliza a Luís Villares e a dirección de En Marea e pide a súa dimisión.

O partido que lidera Antón Gómez-Reino considera imposible a convivencia co sector que lidera Villares tras os enfrontamentos do último mes e medio. As persoas electas na lista alternativa non tomaron posesión dos seus cargos. Podemos abre a porta á rupura con En Marea e convida os que apoiaron esa lista, Anova, Esquerda Unida e as mareas locais, a abrir un diálogo á marxe do partido instrumental. Non se sabe que vai pasar co grupo parlamentario e complícase o escenario con vistas ás eleccións municipais.

Noticias web

09/01/2019