CRTVG

Buscar

Pode haber contaxio de coronavirus por vía ocular?

Publicado o 08/10/2020 16:45

Existe a hipótese de que o coronavirus se pode transmitir a través dos ollos, pero a día de hoxe aínda non está demostrado. Do que si se ten certeza é de que pode afectarlle á súa saúde.

María Victoria de Rojas, presidenta da Sociedade Galega de Oftalmoloxía: "Pode producir conxuntivite nunha porcentaxe moi baixa de pacientes ao redor do un ou o cinco por cento e se se detectou o virus na lágrima. O que hai que facer é evitar tocar a cara e os ollos".

Recoméndase a protección ocular a todos aqueles que estean en contacto con contaxiados, pero non é necesaria para a poboación en xeral.

María Victoria de Rojas, presidenta da Sociedade Galega de Oftalmoloxía: "En facultativos que tratan directamente con pacientes infectados con covid-19 si se demostrou que a protección facial e ocular con lentes diminúe a taxa de contaxio". 

Os oftalmólogos desmenten que uso de lentes de contacto sexa prexudicial.

No día de hoxe os profesionais insisten no importante que é realizar revisións preventivas para detectar a tempo enfermidades e advírtennos de que a saúde dos ollos depende moito da alimentación, da luz, de descansar das pantallas e de afacerse a mirar ao lonxe, de cando en vez, para relaxar a vista.

 

Noticias web

08/10/2020