PNV e PSOE poderían reeditar a maioría absoluta en Euskadi
Publicado o 13/07/2020 20:47

En Euskadi, esta tarde foi a primeira reunión da executiva do Partido Nacionalista Vasco despois das eleccións, en que obtivo tres escanos máis que na lexislatura anterior. Os nacionalistas posiblemente repitan coalición de goberno co Partido Socialista, que sumou un escano máis aos 9 que xa tiña, polo que os dous suman maioría absoluta e non precisarían de ningún apoio.
As urnas deron onte o Parlamento vasco máis nacionalista da historia, coa suba de EH Bildu, catro escanos máis, ata os 22. Baixou a marca de Podemos en Euskadi e Vox estréase cun deputado na cámara de Vitoria.