CRTVG

Buscar

O PNV anuncia un acordo co Goberno para apoiar o decreto da nova normalidade

Publicado o 08/06/2020 22:01
O PNV anuncia un acordo co Goberno para apoiar o decreto da nova normalidade

O PNV alcanzou esta tarde un acordo co Goberno para apoiar a convalidación do decreto do Consello de Ministros sobre as normas que rexerán a "nova normalidade" tras a desescalada da pandemia de COVID-19. Grazas ao pacto, di o Grupo Vasco, "apúntanse liñas de colaboración respectuosas co autogoberno vasco e as competencias das Comunidades Autónomas para o suposto dunha nova situación de emerxencia epidemiolóxica".

O partido presidido por Andoni Ortuzar destacou que con este acordo culmina "a posición política mantida ao longo de toda a crise sanitaria", na que se guiou "pola coherencia e a responsabilidade". No PNV non facilitaron máis detalles sobre o contido do acordo, pero expresaron a satisfacción do partido.

As discrepancias co Goberno "non foron obstáculo para a consecución de sucesivos acordos" e o apoio ás diferentes prórrogas do estado de alarma, ata chegar ao 'si' ao decreto de "nova normalidade", destacaron as mesmas fontes.

Noticias web

08/06/2020