CRTVG

Buscar

O inhabilitado alcalde de Cerceda, José García Liñares, convoca un pleno que critica a oposición

Publicado o 23/08/2019 19:39

Ás 8 da mañá, sen a presenza do secretario e da interventora municipal nin dos voceiros políticos da oposición formada por PP e BNG. O alcalde de Cerceda levou a pleno a comunicación da sentenza que o inhabilita durante oito anos por prevaricación sen dar a posibilidade, segundo denuncia a oposición, de estudar a documentación.

 Celia López. PP. " A lei marca que temos que ter a documentación no momento da convocatoria. Esta xente está saltando a lei".

O alcalde atribúe as críticas a unha estratexia de oposición e di que todo entra dentro do seu dereito a defenderse.

José García Liñares. Alcalde de Cerceda."Non necesita maioría absoluta e polo tanto non necesita informe."

O pleno aprobou finalmente, cos votos do partido socialista, darlle un prazo de dez días ao alcalde para decidir se recorre a sentenza de inhabilitación ou se presenta a súa dimisión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/08/2019