Plataformas feministas saíron á rúa para denunciar os últimos casos de violencia machista
Publicado o 11/06/2021 21:12
As asociacións e plataformas feministas convocaron concentracións por toda España para denunciar estes novos casos de violencia machista.
En Galicia xa houbo varias esta tarde, nas principais cidades e vilas. Centos de persoas saíron á rúa para condenar o que cualifican como unha nova forma de terrorismo, froito, din, dunha sociedade que non logra a igualdade entre homes e mulleres.
Desde o ano 2013, 1.096 mulleres foron asasinadas en España por violencia de xénero, segundo o reconto oficial.