A plataforma de vítimas do Alvia pídelle á presidenta de Adif que se retomen as pescudas
Publicado o 07/06/2019 09:03
Unha delegación da plataforma de vítimas do Alvia reuníronse onte coa presidenta de Adif. Pediron o cesamento de Andrés Cortabitarte, que foi director de Seguridade na Circulación durante a posta en marcha da liña de alta velocidade Santiago-Ourense, e reclamáronlle á presidenta do organismo que pida publicamente que se retomen as pescudas.
Isabel Pardo de Vera mostroulles o seu apoio a unha nova investigación e pediulles perdón polos fallos que houbo.
O ministro de Fomento dixo que a única investigación que importa é a xudicial.