'Plasticoff', unha iniciativa internacional para visibilizar o problema dos residuos
Non hai tempo que perder, hoxe esta patrulla diríxese con paso firme a un dos lugares máis emblemáticos da cidade de Ourense: o Montealegre. E a súa misión non é outra que a de recoller canto resíduo atopen abandonado.
Póñense mans a obra e o certo é que por momentos, case non dan a basto.
A campaña, impulsada por Amigos da Terra pretende dar a coñecer quen son os verdadeiros culpables da contaminación do plástico en todo o planeta. Coidan que as empresas teñen moita responsabilidade o fomentar o sistema de usar e tirar para os seus envases. Os resultados din, son nefastos para o medio ambiente.
En só unha hora de traballo, estes cativos foron quen de recoller arredor de 150 quilos de lixo esparexido polo monte.
A asociación ecoloxista lembra outro dato. Tan só entre o quince e o trinta por cento dos resíduos susceptibles de acabar nos colectores amarelos son reciclados. O setenta por cento restante é incinerado ou abandonado, co conseguinte dano para o medio ambiente.