Planas reivindica en Vigo fronte ao comisario europeo o papel da pesca española
Publicado o 20/09/2021 15:19
Este luns visitaron Galicia o Ministro de Pesca, Luis Planas, e o comisario europeo do sector. Na sede da Axencia Europea para o Control da Pesca, que está en Vigo, o comisario defendeu o rexistro dixital, que a flota tradicional galega rexeita.
O comisario abordou cos pescadores e mariscadoras outros asuntos, como a remuda xeracional, e apuntou a necesidade de mellorar a formación. Ademais destacou a importancia de que os intereses dos pescadores vaian en liña coa avaliación das capturas, algo imprescindible para unha pesca sostible. Pola súa parte, o Ministro Planas reivindicou o papel de Galicia e da pesca española.