CRTVG

Buscar

O Goberno reformará a Lei de cadea alimentaria

Publicado o 03/02/2020 21:47
O Goberno reformará a Lei de cadea alimentaria

O Goberno comprometeuse a reformar este mesmo ano a Lei sobre a cadea alimentaria e a que no borrador de estudo se inclúa o debate sobre a práctica da venda a perdas (por baixo dos custos de produción), unha das principais reclamacións do sector agroalimentario.

Avanzouno este luns o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, tras manter o primeiro encontro da mesa de diálogo agrario coas organizacións Asaja, COAG e UPA, creada tras as manifestacións protagonizadas polo sector a semana pasada e que continuarán nos próximos días.

Xunto a ese compromiso de modificar a actual Lei da cadea, Planas presentou un paquete de propostas que inclúe revisar a Lei de organizacións interprofesionais ou tentar aumentar a dotación para os seguros agrarios nos próximos orzamentos xerais do Estado.

 

Noticias web

03/02/2020